O concello reclama un comedor e unha pista polideportiva para o colexio Infesta

    PONTECESURES > O alcalde de Pontecesures, Luís Álvarez Angueira, e a primeira tenente de alcalde Maribel Castro entrevistáronse co delegado de Educación en Pontevedra para esixirlle unha serie de medidas destinadas ó colexio Infesta. O concello solicitou a instalación dunha pista polideprotiva ou a posta en marcha do servizo de comedor.

    A delegación de Educación en Pontevedra estudará a instalación do servizo de comedor no Colexio Infesta de Pontecesures. O compromiso foi recollido polo propio alcalde e pola tenente de alcalde nunha reunión co delegado Cristóbal Fernández. Na xuntanza preguntouse sobre a desafectación das vivendas dos profesores para pasalas a uso municipal e incluso se apuntou a posibilidade de habilitalas para acoller o comedor escolar.

    O concello tamén lle lembrou ó delegado que recentemente se ampliou en 5.000 metros cadrados o patio do colexio e solicitoulle a instalación dunha pista polideportiva para poder ofrecer ós alumnos clases de ximnasia ó aire libre. Outro dos compromisos da delegación é a consignación dunha partida para arranxar as fachadas e tellado do centro escolar. O alcalde lembra que o edificio padece unha serie de problemas técnicos e estructurais.

    Redacción Salnés