Quince mulleres aprenden a coidar os dependentes

    primeros_auxilios copia100.jpgSANXENXO> O grupo visitou esta mañá o Centro de Día Municipal, para coñecer de primeira man o traballo dos profesionais.

    {flowplayer}images/salnes/PRIMEIROS_AUXILIOS_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Terapia ocupacional, fisioterapia, logopedia, podoloxía ou animación sociocultural, son algúns dos servizos dirixidos ós maiores que ofrece este centro de día. Para as alumnas do curso, a visita de hoxe é unha gran oportunidade para coñecer como tratan os profesionais as necesidades de anciáns con diferentes graos de dependencia. O complemento ideal para as clases teóricas do resto das xornadas.

    A través das súas 50 horas de duración, o curso inicia ás alumnas en tarefas de primeiros auxilios, técnicas de mobilización, mecanismos de suxeición e outros coidados. Todo centrado para mellorar a atención ás persoas maiores.

    Para o grupo de quince mulleres que visitou hoxe este centro de día, a formación que reciben no curso é fundamental. Algunhas aplicarán os novos coñecementos no seu eido profesional, relacionado coa sanidade, pero a maioría empregaránnos no seu día a día, no coidado de familiares dependentes ó seu cargo.

    O curso, que comezou o pasado día 15 como unha iniciativa do Centro de Información á Muller do concello de Sanxenxo, rematará o vindeiro día 1 de decembro. Aínda que se espera que se realicen novas convocatorias.

    Redacción Salnés