Mandisa Stevenson e Marta Blanes, novas fichaxes do Extrugasa

plantilla_deportes_extrugasa_copy100.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa continúa reforzándose para a próxima tempada na Liga Feminina. O equipo directivo, confirmou dúas novas incorporacións de xogadoras.

{flowplayer}images/salnes/COLEO_EXTRUGASA.flv{/flowplayer}

Trátase da pívot estadounidense Mandisa Stevenson e da alero española Marta Blanes, que veñen reforzar ó Extrugasa na súa andanza pola Liga Feminina. Como xa adiantaba Tito Díaz a semana pasada, o equipo necesita reforzos adaptados a esta liga, coa altura suficiente para enfrontarse a outros equipos desta esixente categoría. Así, Stevenson ten unha altura de 1,91 metros e Blanes 1,85.

Estas fichaxes súmanse á renovación de Ylenia Manzanares, Montse GILABERT, Cristina Souza e a continuación de Tito Díaz ó fronte do equipo.

Do mesmo xeito, confírmase a Alberto Melendez como preparador físico. Jesús Vázquez Mougán, converterase no segundo adestrador, e que ocupa, actualmente, o posto de coodinador base e adestrador júnior.

Redacción Salnés