O Salnés conmemora o Día Internacional da SIDA

    DIA_SIDAcopy.jpgSALNÉS> ‘Quérete. Fai a proba. Usa preservativo’ é o lema da campaña deste ano. Unha xornada que estivo dedicada a informar e axudar a intregación.

    {flowplayer}images/salnes/DIA_DA_SIDA.flv{/flowplayer}

    Hoxe celébrase o Día Internacional da Sida, unha xornada dedicada a informar sobre esta enfermidade e axudar á integración dos que a padecen. A pesares de que a sociedade é consciente dos perigos, cada ano preséntanse novos casos. En Galicia rexístranse 75 casos novos de infección co virus do VIH cada ano.

    En España, a media é de 88. De aí que na rúa vexan necesario continuar coa celebración do Día Internacional da Sida.

    Aínda que a xente cre que nos últimos anos mellorou considerablemente a situación das persoas infectadas no seu entorno, a sociedade é consciente de que queda moito por andar para conseguir a súa integración plena.

    “Quérete. Fai a proba. Usa preservativo”, é o lema deste ano para a celebración do Día Internacional da Sida. Unha frase pensada para promover o diagnóstico precoz pero, sobre todo, fomentar a prevención e evitar novas infeccións polo VIH.

    Redacción Salnés