Agustín Hernández visita a estación meteorolóxica de Monte Xesteiras

    radarcuntis3 copia.jpg CUNTIS> A instalación, que funciona desde decembro, permite detectar con maior exactitude tormentas severas, nevaradas, ventos fortes ou inundacións.

    {flowplayer}images/salnes/RADAR_METEOROLOXICO_CUNTIS.flv{/flowplayer}

    Os servizos de predición de Meteogalicia valéronse deste novo radar instalado en Cuntis para seguir o episodio de intensas choivas e vento que bateu a nosa comunidade nos días anterior e posterior a Reis. A estación meteorolóxica de Monte Xesteiras leva activa desde o pasado mes de decembro. Cada cinco minutos, o sistema realiza un varrido volumétrico nun radio de 250 quilómetros que permite obter datos máis precisos para poder predicir os fenómenos meteorolóxicos que se producirán nun prazo de dúas a tres horas, tanto a intensidade como o tipo de precipitación ou o aparato eléctrico no caso de tormentas.

    Ademais de subministrar datos climatolóxicos a Meteogalicia, a estación de Cuntis complementará o dispositivo implantado por Augas de Galicia para supervisa o nivel das concas do ríos para poder predicir riadas. A súa posta en marcha contou cunha achega económica próxima ós catro millóns de euros por parte da Xunta de Galicia, ademais, está habilitada para ofrecer usos distintos ós meteorolóxicos, coma o estudo dos movementos migratorios das aves ou o desprazamento de insectos que poidan estragar colleitas.

    Redacción Salnés