O Lectoriño de Vilagarcía viaxa na edición deste ano ata as orixes da vila

VILAGARCÍA> Nova edición do Lectoriño, en Vilagarcía. A mostra de literatura infantil e xuvenil deste ano viaxará ata as orixes da localidade. Nesta edición celebraranse uns roteiros histórico-culturais pola vila, da man do escritor Marcos Calveiro, nun intento por achega-la literatura á mocidade.

O Lectoriño sobe na máquina do tempo nesta décimo-sétima edición. A mostra de literatura infantil e xuvenil de Vilagarcía viaxa este ano ata as orixes da vila. Faino cunha dobre finalidade: poñer en valor o patrimonio local e ensinar ós máis mozos, a través da lectura, tódolos segredos da cidade. Como principal novidade desta edición, vanse organizar dous roteiros polos puntos que aparecen no “Xardineiro dos ingleses”, a obra de Marcos Calveiro. Nesta iniciativa van participa-los alumnos de bacharelato do Bouza Brey e do Castro Alobre.

O Lectoriño botará a andar o 21 de abril, coa apertura da mostra. Nese espazo exporán o seu material alomenos sete editoriais. E todo para fomentar entre os nenos e mozos o gusto pola lectura.No evento tamén repite como colaborador o CSIC, cun obradoiro de arte rupestre e un contacontos.

Tódolos actos van ter lugar na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal.