Gonzalo Durán apostará no vindeiro mandato polos servizos socias

VILANOVA> Gonzalo Durán centrará o próximo mandato nos servizos sociais. O alcalde de Vilanova porá en marcha as Casas dos Maiores. A medida, creada pola Xunta de Galicia, é unha alternativa ós Centros de Día para chegar a todas as parroquias.

O concello de Vilanova traballa para crear ó seu Centro de Día. Un servizo que dende o goberno local ven necesario pero insuficiente. Para cubrir a demanda de todo o municipio e evitar desprazamentos ás persoas maiores, Gonzalo Durán propón sumarse a iniciativa das Casas dos Maiores. Unha medida proposta pola Xunta, segundo a cal, calquera veciño que o solicite pode coidar ós anciáns.

Durán asegura que porá un centro en todas as parroquias a disposición dos solicitantes e cubrirá os gastos das instalacións. Os coidadores recibirán unha subvención da Xunta e atenderán a un máximo de 5 anciáns.

Estes coidadores non necesitan estudos previos pero serán formados pola Xunta.

Nestas Casas dos Maiores, os anciáns non terán que facer fronte a ningún pago nin desprazarse da súa parroquia. Ademais permite a creación de novos postos de traballo. A pesar da implantación desta medida o Concello abrirá tamén o Centro de Día para os maiores que necesiten máis coidados.