O BNG critica a escasa accesibilidade dos terreos para o centro de saúde

    centrosaudeporba.jpgPOBRA> O BNG da Pobra propón emprazar o novo centro de saúde da localidade nunha parcela do paseo do Areal.

    {flowplayer}barbanza/centrosaudepobra.flv{/flowplayer}

    Os terreos propostos polos nacionalistas albergan na actualidade varias factorías antigas, así como o inmoble que acollía a discoteca Bumerang. Trátase de chan dotacional, polo que non sería preciso modificar o PXOM. E ademais conta con espazo suficiente para a construción de aparcamentos, e unha galescola tal e como teñen proposto dende o BNG.

    Dende o BNG consideran que a alternativa proposta é moito máis axeitada que a elixida polo goberno local nas inmediacións do cemiterio do Caramiñal, á que consideran pouco accesible.

    ‘Proposta inviable’

    Pola súa banda, dende o executivo informaron que os terreos propostos polos nacionalistas están afectados por Costas polo que non é posible edificar o centro. Ademais, o alcalde insiste en que a adquisición desta parcela tería un custo, como mínimo, dun millóns de euros.

    Pola contra, a elixida polo concello, situada a menos de cen metros da casa consistorial, nun suporá un desembolso para as arcas municipais posto que xa se chegou a acordo cos propietarios.

    Redacción Barbanza