Uns douscentos corredores daranse cita no Trail de San Isidro, este domingo

    POBRA> Trátase da segunda das probas incluídas no circuíto de carreiras Arousa-Revolutrion Trail Series que organiza a asociación Arousa NeO e a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.

    Á falla de varios días aínda para o peche das inscricións, será efectivo o próximo xoves a partir das doce da noite, xa hai inscritos máis dun centenar de participantes. O Trail de San Isidro é a segunda das probas incluídas no circuíto Arousa-Revolutrion Trail Series que organiza a asociación Arousa NeO e a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. Contará de trece quilómetros de percorrido, cun desnivel positivo duns setecentos metros, o que a convirten nunha dos trail máis complicados do circuíto.

    Dende o concello pobrense destacaron a importancia desta proba que busca un dos obxectivos marcados dende Arousa Norte como é o de impulsar o turismo deportivo na natureza de gran auxe na actualidade.

    As inscrición xa pode formalizarse a través da web: www.arousa.com. As próximas citas do circuito Arousa-Revolutrion Trail Series 2017 terán lugar e Boiro o 5 de marzo e en Rianxo o 26 dese mesmo mes.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/previo_trail_sanisidro1402171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/14/previo_trail_sanisidro140217.mp4{/flowplayer}