![]()
RIANXO> O executivo local descoñece polo de agora cales son as intencións da consellería de Sanidade a este respecto.
{flowplayer}barbanza/supresionurxenciasrianxo.flv{/flowplayer}
En Rianxo circula dende hai algún tempo un ruxe-ruxe sobre o peche do actual servizo de urxencias que se presta no centro de saúde da vila. A nova está a causar unha certa preocupación nos veciños que non verían con bos ollos a supresión deste servizo.
Sen confirmación
O alcalde, Pedro Piñeiro, descoñece tamén as intencións da consellería de Sanidade, xa que polo de agora no concello non se recibiu información ó respecto.
Iniciativas parlamentarias
Precisamente o PSdeG-PSOE a través do seu deputado, Xose Manuel Lage, xa rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que insta á consellería de Sanidade a que dea explicacións sobre os seus plans no Punto de Atención Continuada de Rianxo e se manteña o actual servizo de urxencias. Unha cuestión sobre a que tamén se vén de interesar o BNG.
Redacción Barbanza








