A ANPA do Félix Muriel mobilízase por un servizo de transporte escolar de calidade

RIANXO> Fartos xa da situación que están a padecer dende o inicio do curso con continuos retrasos e incumprimento de horarios, entre outras irregularidades, e vendo como as queixas, presentadas por escrito, tanto á empresa concesionaria do servizo como tamén á propia Xunta, non fan o efecto agardado, os pais decidiron cambiar de estratexia e convocar unha concentración ás portas do instituto, na que tomaron parte tamén familiares, o propio alumnado e veciñanza en xeral.

Segundo indican o problema que se dá en Rianxo é similar ó que se vive noutros Concellos da zona, e non só afecta ó transporte escolar senón tamén ás liñas de transporte regular.

Aínda así a situación vivida a pasada semana foi a gota que colmou o vaso da súa paciencia…

Á protesta tamén se sumaron representantes da práctica totalidade dos grupos presentes na corporación municipal: BNG, Rianxo en Común e Partido Socialista que comparten as queixas da ANPA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí