A Xunta publica a licitación das obras para o acceso ó novo hospital

    opino copia100.jpgPONTEVEDRA> Unha actuación na que a Xunta investirá 9,3 millóns de euros, incluíndo as expropiacións.

    {flowplayer}images/salnes/HOSPITAL_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}

    As obras de desdobramento da estrada PO-542, que une Ponte Bora e o Pino, realizaranse no tramo dende a glorieta de O Marco en dirección Bora ata o enlace co futuro hospital de Montecarrasco. O novo vial contará con arredor de 1,5 kilómetros de lonxitude, e estará dotado de dúas zonas de aparcamento e beirarrúas.

    Esta mañá, o DOG publicou a licitación da obra, que contará cun investimento de algo máis de 4,5 millóns de euros. As empresas terán ata o vindeiro 29 de decembro para presentar a súa solicitude.

    Agustín Hernández tamén fixo referencia ó proceso de expropiación dos terreos, unha das xestións máis polémicas da obra. O responsable de Infraestruturas asegurou que a Xunta mantén a intención de buscar o consenso cos afectados, e comprometeuse a estudar individualmente cada un dos 130 expedientes.

    Ademais do desdobramento da estrada, a actuación contempla a incorporación de dúas novas glorietas, a instalación da rede de drenaxe, saneamento e abastecemento, alumeado público e a rede de enerxía eléctrica e telecomunicacións.

    Redacción Salnés