AMICOS presenta a súa miniserie ‘Ronsel de Arousa’

A POBRA> O teatro Elma da Pobra acolleu a pasada tarde a estrea da miniserie ‘O Ronsel de Arousa’. Trátase dunha produción de seis capítulos que pretenden concienciar sobre a defensa da pesca e do marisqueo. Enmárcase no proxecto Peneira promovido pola asociación AMICOS co financiamento dos GALP.

Os asistentes á estrea tiveron ocasión de ver o primeiro dos seis capítulos de que se compón ‘Ronsel de Arousa’ unha miniserie que aborda a problemática do lixo mariño dende a experiencia do seu protagonista, Javier Freijo  o seu irmán na ficción, o actor Federico Pérez.

Esta miniserie enmárcase no proxecto Peneira, impulsado por AMICOS en colaboración con axentes en defensa da pesca e do marisqueo e financiado polos GALP Ría de Arousa e Ría de Pontevedra.

O acto contou coa asistencia do director xeral de Inclusión destacou a importancia desta serie para visibilizar a gran aportación das persoas con diversidade á sociedade.

A partir da próxima semana, AMICOS irá estreando os vindeiros capítulos nas súas redes sociais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí