Tito Díaz: “O Concello ten Fontecarmoa desatendido”

VILAGARCÍA> O adestrador do Extrugasa, Tito Díaz convocou esta mañá ós medios de comunicación para criticar duramente ó concello de Vilagarcía. O motivo: as malas condicións nas que mantén o pavillón de Fontecarmoa. Nos adestramentos desta semana soportaron temperaturas inferiores a 8ºC. A consecuencia, dúas lesionadas: as pívots Vinuchalova e Amy.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_031210.flv{/flowplayer} 

No estrictamente deportivo, o Extrugasa mídese mañá a partires das19:00 ó Ibiza, no pavillón de Fontecarmoa. As vilagarciáns buscarán retomar a senda do triunfo e recuperarse canto antes do duro revés sufrido a semana pasada ante o Gran Canaria. Vinuchalova e Amy, son dúbida para o encontro.

Mentres na liga EBA, o Establecimientos Oterio de Cambados volve a xogar na casa, desta volta recibe ó Grupo Inec Zamora. Un partido importante para os de Diego Doval ante un rival que conta cunha victoria máis ca eles en liga. O choque dará comezo ás 18:00 no pavillón do Pombal.

Redacción Salnés