O pósito noiés agarda acadar os dez millóns e medio de facturación

    NOIA> A recta final da campaña marisqueira que botará o peche o día 31 deste mes está a deixar moi bo sabor de boca entre os profesionais. Dende a confraría estiman acadar unha facturación de dez millóns e medio de euros. A pesar do parón do mes de novembro por mor da toxina, a campaña marisqueira de Noia prevé pechar con moi bos resultados. A reapertura tralo Nadal trouxo consigo boas capturas e mellores prezos. Bos resultados que fomentan o optimismo de cara a próxima campaña. Nestes meses realizaranse labores de limpeza, sementeira e retirada de depredadores para favorecer que a abundante cría fixe e medre.