Portos mellora as instalacións portuarias de Testal cun investimento de cen mil euros

    NOIA> O presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, visitou as obras que se están a realizar nos pantaláns do Porto de Testal, no concello de Noia. En total, a Consellería do Mar destinará á mellora das instalacións portuarias do municipio máis de 100.000 euros. A reparación e acondicionamento dos pantaláns e o dique aboiante do Testal, en Noia, leva realizándose desde hai varias semanas. Cun investimento de preto de 60.000 euros, o presidente de Portos, destacou durante a súa visita, a necesidade de ditos traballos. Durán aproveitou tamén para anunciar que se están a tramitar as obras de pavimentación do vial de acceso á zona portuaria de Noia, cun orzamento, neste caso, estimado noutros 60.000 euros. Esta obra conta cun prazo de execución previsto dun mes de duración.