O CW Pontevedra festexa o seu aniversario coa celebración do Campionato de España Xuvenil

PONTEVEDRA> Galicia convértese esta fin de semana nun referente do waterpolo. Marín acolle, ata este domingo, o Campionato de España Xuvenil. En total, participan 10 clubs de 8 comunidades autonómicas que loitarán por clasificarse para a competición nacional de 1ª categoría.

O Club Waterpolo Pontevedra celebra o seu vixésimo aniversario da mellor maneira posible. Traendo a Galicia o Campionato de España Xuvenil de 2ª Categoría. Un evento que se celebrará ata o domingo na Escola Naval Militar de Marín e no que participan 10 clubs de 8 comunidades autónomas.

O club pontevedrés está en un bo estado de forma e está convencido de que xogar na casa axudaralle a chegar o máis alto posible nesta competición.

O presidente do club sabe que, pase o que pase neste campionato, ser o anfitrión é xa unha vitoria para o waterpolo galego.

Mañá rematará a fase previa do campionato con dúas sesións de mañá e de tarde. O domingo celebraranse os partidos definitivos para decidir os postos finais e coñecer o gañador. O vencedor conseguirá un pase directo ao Campionato de España Xuvenil de 1ª Categoría.