Éxito de participación nos Autonómicos de BTT-XC

SANXENXO> Sanxenxo acolleu esta fin de semana o Campionato Galego de Mountain Bike en modalidade rallie. Preto de 200 deportistas tomaron parte neste evento organizado polo Club Ciclista Corbelo. A victoria en categoría élite foi para José Antonio López mentres que nas mulleres impúxose Isabel Castro.

Os primeiros campións do ciclismo galego do 2011 subiron ó podio este sábado en Sanxenxo, no Monte de O Con. Máis de 170 deportistas participaron nesta proba, todo un éxito de neste aspecto. Ademais, a ausencia de carreiras en estrada atraeu a ciclistas doutras especialidades ó evento.

Así as cousas Adolfo Vicente, do Cambre, proclamóuse Campión Galego Sub 23 flanqueado no pódium por José Ramón Villanueva e Oscar Boente. Noutras categorías non houbo moitas sorpresas con victorias de Manuel González Ojea, do Aquagest, en Master 50, Francisco Barciela do Spol-Novacaixagalicia en Master 40, David Rodríguez en Master 30 e Juan José Outeda en Senior.

O triunfo en féminas foi para Isabel Castro tamén Aquagest e o maillot da categoría élite masculino enfundouno o corredor do Monforte, José Antonio López "Nervi" seguido por Iago Medín e Alejandro Mesías.

Pablo Rodríguez, do Maceda, deu o seu recital en Junior, secundado no pódium polos seus compañeiros de equipo Saúl López e o seu irmán David. O seu compañeiro Marcos Villar fixo o propio en cadetes adxudicándose o triunfo sen problemas.

O campionato foi un verdadeiro espectáculo ciclista do que desfrutaron tanto deportistas como afeccionados. Ó remate das probas celebrouse a entrega de trofeos cunha festa organizada polo Club Ciclista Corbelo, na que estiveron presentes entre outras autoridades Sabino Cortizo, Vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo e Isabel González, concelleira de Deportes de Sanxenxo.

Redacción Salnés