SANTIAGO> A primeira delas, o Trofeo Frinsa-Presidente Ramiro Carregal Rey terá lugar o día 21 de xuño, mentres que a Regata Ramiro Carregal Rey-Gran Trofeo Faro de Corrubedo, disputarase a fin de semana do 28 e 29 de xuño. O Hostal dos Reis Católicos acollía a dobre presentación das regatas patrocinadas polo grupo conserveiro Frinsa. Entre os asistentes, o seu presidente, Ramiro Carregal, o principal valedor destas dúas probas que organizan os náuticos de Ribeira e Portosín e que contan coa colaboración da Federación Galega de Vela. A primeira regata en disputarse será este ano o Trofeo Frinsa-Presidente Ramiro Carregal Rey que acada este ano a súa décimo cuarta edición. Terá lugar o día 21 de xuño, con saída dende o porto deportivo de Ribeira, e consistirá nunha única proba pola ría de Arousa. A outra das regatas presentadas foi a Ramiro Carregal-Faro de Corrubedo que este ano chega a súa decimo quinta edición. A cita, que terá lugar os días 28 e 29 de xuño, segue a manter un atractivo percorrido, con dúas probas a celebrar no interior da Ría de Muros-Noia. A inscrición en ambas regatas xa están aberta. A organización das dúas probas agarda unha alta participación, dado o seu elevado prestixio, tanto social coma deportivo, con embarcacións chegadas dende diferentes clubs náuticos da zona.
Inicio Deportes