Vilagarcía será sede da fase de ascenso a Liga Femenina

cortegada250_240310.jpgVILAGARCÍA> Así o comunicou esta mañá a Federación Española de baloncesto, que se decantou pola capital arousá para acoller esta fase que se disputa do 6 ó 9 de maio.

Boas novas para o baloncesto vilagarcián, xa que a capital arousá foi a elexida pola Federación Española de Baloncesto como a sede para disputar os partidos correspondentes á fase de ascenso á Liga Femenina.

Hai semanas a directiva do A.D.Cortegada amosara o seu interese por acoller estes encontros e agora semella que a opción vilagarciá foi a mellor contemplada pola Federación que descartou a outras cidades a priori máis apetecibles como Navarra ou Burgos.

A fase terá lugar do 6 ó 9 de maio e nela participarán os catro mellores equipos de cada un dos dous grupos da Liga Femenina 2. Estes oito conxuntos loitarán por dúas prazas que outorgan o dereito de estar o ano que ven na máxima categoría do baloncesto femenino nacional.

O Extrugasa está a un paso de certificar a súa presencia na fase e o feito de que agora sexan organizadores pode incrementar as súas posibilidades de promoción.

Redacción Salnés