O Liceo Casino prepara unha semana musical para celebrar o Nadal

    VILAGARCÍA> As actuacións celebraranse entre o 14 e o 17, con intérpretes que levarán ata o salón de actos da sociedade cancións e panxoliñas.

    {flowplayer}images/salnes/PRESENTACIÓN_CONCERTOS_LICEO_CASINO.flv{/flowplayer}

    O rapsoda José González co recitado de catro poemas e o acordeonista David Álvarez, interpretando panxoliñas e varios temas populares, serán os encargados de abrir o calendario de actuacións de mañá. As panxoliñas tamén formarán o repertorio de Kodály, o coro infantil e xuvenil de Vilagarcía, o próximo mércores. O xoves, a animación musical correrá a cargo da orquestra de pulso e púa “Arousa”, mentres que o venres o programa estará formado por dúas actuacións: o acordeonista Manso e os seus amigos e o coro “Liceo” de Vilagarcía.

    Co calendario de actuacións anunciados para esta semana, o Liceo Casino busca abrir a sociedade a toda a poboación.

    A pesares de que os membros desta sociedade terán preferencia á hora de asistir a estas actividades, que se celebrarán a partires das 9 da noite, os concertos estarán abertos a todo o público que desexe asistir.

    Redacción Salnés