A chuvia deixa paso ao frío en O Salnés

    VILAGARCÍA> A semana arrancou cunha tregua no temporal que afectaba á comarca. Pero a marcha da chuvia deixou un descenso nas temperaturas. Co Umia aínda desbordado en moitas zonas de O Salnés, as xeadas fixeron acto de presenza. Pero as precipitacións desaparecen por pouco tempo: o mércores, unha borrasca volverá afectar a Galicia.

     

    Cos efectos das fortes chuvias dos últimos días aínda presentes e o Umia resistíndose a retornar ao seu leito, o temporal deu hoxe unha tregua.

    Non houbo chuvia pero si chegou o frío. Os termómetros iniciaron onte un descenso que continuou hoxe, e que se manterá nos vindeiros días. En Vilagarcía, as mínimas marcaron os 8 graos. Mañá, baixarán ata os 4.

    Hoxe os paraugas deixaron espazo aos gorros, abrigos e bufandas. Todo para levar do mellor xeito posible un inverno que, para moitos, chega tarde.

    As chuvias volverán cara o mércores. Unha nova borrasca afectará a comarca de O Salnés, deixando precipitacións tamén o xoves. Pero non desesperen. Os que aínda confíen en poder gozar dun dos Entroidos máis alongados dos últimos anos por mor da chuvia, parece que van ter sorte: a fin de semana chegará sen auga e con temperaturas entre os 8 e os 17 graos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/15/consecuencias_temporal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/15/consecuencias_temporal.mp4{/flowplayer}