![]()
VALGA > Moitos foron os veciños do concello de Valga e arredores os que despediron esta tarde dos 3 obreiros, que o mércores faleceron ao ser arroiado o seu vehículo por un tren nun paso a nivel.
Valga foi escenario do funeral e enterro dos tres veciños do municipio, que foron vítimas no accidente do paso a nivel de Campaña. Familiares e veciños despediron a Roberto Martínez, de 28 anos; o seu pai Jesús Martínez, de 53 anos, e José García, de 48 anos.
O multitudinario funeral celebrouse ás sete da tarde no mesmo lugar onde estaba instalada a capela ardente, no multiusos de Ferreiro, que quedou pequeno para acoller á gran cantidade de veciños que acompañaron os corpos a pesar da tarde de chuvia.
O enterro no cemiterio municipal de Setecoros tivo lugar xusto despois na máis estrita intimidade. Ao funeral asistiron o conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, a conselleira de Política
Territorial, María José Caride e o subdelegado do Goberno na provincia, Delfín Fernández , o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde da localidade, José María Bello.
Redacción Salnés







