Educación non descarta manter os comedores pero pide a actuación dos servizos sociais

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/16/comedores_escolares.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/16/comedores_escolares.mp4{/flowplayer}

    AROUSA> Continúa a procura dunha solución para substituír os comedores escolares durante o verán. Calcúlase que máis de 200 nenos de Arousa terán problemas para alimentarse, de aí que Xunta, concellos e ANPAS estean preocupados.  Dende a Consellería de Educación non descartan manter os comedores abertos, aínda que matizan que terían que estar atendidos polos servizos sociais das diferentes administracións.

    As administracións traballan en conxunto para evitar o impacto que na alimentación de preto de 1000 nenos en Galicia terá o peche dos comedores escolares durante o verán. Só en Arousa son preto de 200 familias de sete municipios diferentes sufrirán este problema. 

    Nun primeiro momento, as reclamacións dirixíanse á Consellería de Educación. Agora, o departamento de Xesús Vázquez ofrécese a colaborar, pero pasa a responsabilidade aos concellos e servizos sociais.

    En Vilagarcía, o concello non abrirá os comedores escolares durante o verán. A decisión foi duramente criticada pola oposición, e os socialistas xa presentaron unha moción que levarán ao vindeiro pleno na que piden a elaboración inmediata dun “Plan de apoio á alimentación infantil” e o mantemento do servizo de comedor no período estival. Esquerda Unida, pola súa banda, calificou a decisión de “inhumana”, e denuncia a falta de criterio social de Ravella ao considerar inviable abrir os comedores pero organizar un concerto para San Xoan que suporá máis de 16 mil euros ás arcas municipais.