Ferido un obreiro ó caer por un barranco cun chimpín

    accidentelaboralconchido.jpgPOBRA> O operario, de corenta anos, traballaba nas obras de saneamento que se executan actualmente na zona do Conchido.

    {flowplayer}barbanza/accidentelaboralpobra.flv{/flowplayer}

    O suceso producíase ó redor das dez desta mañá, nesta zona do Conchido onde a empresa Ferrosa Proxectos e Obras está a desenvolver o proxecto de saneamento e abastecemento de auga. Ó parecer, segundo nos relatou unha veciña testemuña dos feitos, o obreiro, que responde ás iniciais J.F.P.O., de corenta anos e veciño de Ribeira, precipitouse cun chimpín por un terraplén. A pendente existente, xunto á escasa consistencia do terreo, puideron ser a causa máis que probable do sinistro.

    Equipos de emerxencia

    Ata o lugar do suceso achegáronse efectivos da Policía Local e da Garda Civil, así como unha ambulancia do 061, que atendeu nun primeiro momento á vítima.

    Redacción Barbanza