A Conselleira de Política Social inaugura en Noia a exposición ‘Xuventude Crea’

NOIA> A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou en Noia no acto de apertura da exposición itinerante ‘Xuventude Crea: máis dunha década’. A mostra conmemora os traballos premiados nesta iniciativa, que impulsa a creatividade, o enxeño e a innovación da xuventude galega.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou, en Noia, no ‘Espazo Xove’ a exposición itinerante ‘Xuventude Crea: máis dunha década’. No acto estivo acompañada polo alcalde, Santiago Freire, a edil Laura Salgado e a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel. Durante a visita a mostra a Conselleira destacou a importancia  da exposición que pretende dar a coñecer os proxectos da mocidade galega para que sirvan tamén de referente a vindeiras xeracións.

A titular de Xuventude tamén anunciou que a Xunta, no vindeiro mes de xuño, porá en marcha unha nova convocatoria do programa Xuventude Crea con 14 categorías distintas nas que participar: cociña, artes plásticas, música, novela curta ou deseño de xoias, entre outras.

A exposición poderá visitarse no ‘Espazo Xove de Noia ata o vindeiro mes de xuño. Ó longo do último ano a mostra xa percorreu oito localidades de toda a Comunidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí