Escasean as capturas de sardiña a dúas semanas do San Xoán

    RIBEIRA> Aínda que xa se achega a festividade de San Xoán, a sardiña non está no seu mellor momento. Escasean as capturas e o tamaño tampouco acompaña. Prevese que nas próximas semanas, especialmente na véspera da festa, o prezo poida multiplicarse por tres. Xa son varios os anos consecutivos en que a sardiña escasea polo San Xoán. Polo momento, non se captura demasiada nas costas galegas e a tendencia é que siga así de cara ó día 24. O incremento da demanda e a escaseza de peixe leva aparellado un incremento dos prezos que poden chegar a duplicarse ou mesmo multiplicarse por tres na véspera da noite de San Xoán. Estes prezos, ás veces prohibitivos, fan que os compradores se decanten por outras especies. O principal substituto da sardiña é o xurelo. Aínda así, son moitos os compradores ós que non lles importa pagar máis e cumprir coa tradición, asando as sardiñas na noite máxica de San Xoán.