Os concellos do Barbanza din ‘Non á Droga’

    BARBANZA > Os concellos da comarca do Barbanza decidiron secundar tamén esta iniciativa contra as drogas e o narcotráfico promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias. Na casa consistorial boiresa despregouse unha parcanta co lema ‘Non á droga’ mentres que na Pobra tivo lugar unha concentración e a lectura dun manifesto diante do concello.

    Un bo número de veciños da Pobra concentráronse esta mañá diante da casa consistorial baixo o lema ‘Galiza di non ás drogas e ó narcotráfico’.

    Os membros da corporación municiapl presidiron este acto que rematou coa lectura dun manifesto por parte do teneNte alcalde do concello pobrés, Ricardo Lago.

    Deste xeito, o municipio barbanzán vense sumar ós actos que se estiveron a desenvolver durante o día ó longo de toda a xeografía galega a través dunha iniciativa promovida pola FEGAMP.

    Así mesmo, pretende se-lo inicio da campaña ‘Panos brancos contra a droga’, a semellanza da desenvolvida en Palermo en 1992 para loitar contra o narcotráfico.

    O concello de Boiro tamén quixo contribuír á causa co despregue dunha pancarta que ondeaba na fachada da casa consistorial.

    A celebración deste tipo de actos pon de manifesto a necesidade de implicar á sociedade e a tódalas administracións na erradicación das drogodependencias como un dos factores con maior incidencia entre a xuventude.

    A maioría dos cidadáns considera preciso o desenvolvemento de políticas específicas encamiñadas á prevención e o tratamento deste tipo de problemas para que este tipo de actos de loita contra a droga deixen de ser necesarios.

    Redacción Barbanza