POBRA> O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, achegouse ata a Pobra do Caramiñal para entregarlle ós alumnos do colexio Salustiano Rey Eiras o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015 que organiza o seu departamento. Os escolares probrenses fixéronse co primeiro premio na modalidade de Infantil e Primaria cun traballo titulado ‘O vello profesor’. Acompañado do alcalde, Isaac Maceiras, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén Do Campo, entre outras autoridades, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, entregoulles ós alumnos do colexio Salustiano Rey Eiras o primeiro premio na modalidade de infantil e primaria do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015 que organiza o seu departamento. Os escolares pobrenses fixéronse co galardón cun traballo titulado ‘O vello profesor’ polo que recibiron un premio en metálico por importe de dous mil euros e un diploma acreditativo.No acto o titular de Cultura e Educación trasladoulles ós rapaces da importancia de falar en galego, como mellor fórmula para a propia pervivencia do idioma. Na Pobra tamén lembrou ó autor homenaxeado este ano no Día das letras galegas, Xosé Filgueira Valverde, de quen destacou o seu labor docente, ó que dedicou parte da súa vida.
Inicio Barbanza - Muros - Noia








