‘La Reina y el Bufón’ chegan a Vilagarcía

    reina copia100.jpgVILAGARCÍA> A Concellería de Cultura presentou a representación musical que se representará o vindeiro domingo no auditorio.

    {flowplayer}images/salnes/ReinayBufon.flv{/flowplayer}

    En contra do que puidera parecer ó escoitar o título da obra, La Reina y el Bufón vai destinada a un público maior de 16 anos. Un público amplo iso sí, pero con idade para comprender a crítica que fai este musical a diveros temas da actualidade.

    O Concelleiro de Cultura Xosé Castro Ratón explicou esta mañá que o Concello se está a esforzar por seguir mantendo a oferta cultural aínda que os tempos de crise nos que nos atopamos o fagan un pouco máis dificil.

    As entradas terán un prezo único de 10 euros e poranse á venta o mesmo domingo 3 horas antes do comezo da representación. Non haberá polo tanto venta anticipada nin por internet.

    O protagonista do musical Cristian, que traballa con outras 7 persoas, quixo deixar claro que o espectáculo ten como obxectivo fundamental utilizar o humor para divertir ó público.

    La reina y el bufón comezará ás 7 da tarde.

    Redacción Salnés