![]()
SANXENXO> O número de turistas que chegaron a nosa comunidade durante os primeiros seis meses do ano aumentou un 6%, con respecto ao mesmo período do ano anterior. Unha cifra que algúns xa califican de histórica, e que en vilas como Sanxenxo se traducen nunha ocupación hoteleira do 80% durante o mes de xullo.
O número de turistas que chegaron a Galicia durante os primeiros seis meses do ano aumentou nun 6% con respecto ao mesmo mes, do pasado verán. O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo sinala que a ocupación media da zona foi do 80%.
Unha ocupación que se traduce en máis de 300.000 pernoctacións no municipio durante o mes de xullo.
Unhas cifras positivas que esperan que se manteñan durante o mes de agosto, aínda que segundo Francisco González, deixaran menos marxe de mellora, xa que é un mes do ano, no que sempre se traballou ben.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/01/repor_ocupacion_hoteleira_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/01/repor_ocupacion_hoteleira.mp4{/flowplayer}





