Os veciños dinlle ó novo goberno que ‘o pobo non vos quere’

    concentracionpontecesures100_250607.jpgPONTECESURES > A situación política local provocou que un grupo de veciños saíse á rúa para protestar

    … contra o novo goberno e esixir a dimisión dos ex edís do PSOE. A protesta desenvolveuse tras unha pancarta na que se pedía: ‘Devolvede o Concello. O pobo non vos quere’.

    Preto dun centenar de veciños de Pontecesures participaron o venres pola noite na concentración convocada na Plazuela en contra da situación política do Concello, trala investidura da independente Maribel Castro como alcaldesa, grazas ós apoios do PP e dos ex edís do PSOE, Luis Sabariz e Alfonso Diz. Precisamente para estes últimos foron parte das consignas coreadas polos veciños. Ambos concelleiros foron expulsados do PSOE por incumprir o acordo marco firmado polos socialistas co BNG. Os manifestantes chamáronlles ‘peseteros’ e esixiron a gritos a súa dimisión. Entre os manifestantes había bastantes nenos, algún traballador do Concello e poucos políticos: só os edís do BNG José Antonio Baliñas e Margarita García.

    Con esta protesta os veciños pretendían manifestar a súa opinión contraria ó novo goberno municipal. Consideran que vulnera a vontade expresada nas urnas o 27 de maio. Neses comicios o BNG foi a forza máis votada con cinco edís, seguida do PP con tres, o PSOE con dous e os independentes de Maribel Castro cun só edil. A alianza entre populares e socialistas converteu a Castro na alcaldesa, pese a ter recibido só 205 votos.

    Redacción Salnés