MADRID> Sanxenxo volve contar este ano cun espazo destacado dentro do stand galego. O Concello conta cun mostrador propio con información da súa oferta turística para os 365 días do ano.
Ademais da promoción das súas praias, o concello busca diversifica-las súas propostas de lecer, apostando polo patrimonio ou o medio ambiente. Un xeito, explican, de seguir traballando a prol da desestacionalización.










