Cambados acolle a presentación do I Master en Industria Musical

    CAMBADOS> A Universidade de Santiago presentou hoxe nas Adegas Martín Códax o Primeiro Master en Industria Musical; o que intenta ser unha formación regrada para este eido da producción, xestión e comercialización musical.

    Co val do Salnés de fondo desde a terraza Chill-Out da Adega Martín Códax, en Cambados. Mellor non podía comezar a presentación do primeiro master en Industria Musical; unha formación regrada que intenta conformar unha nova xeración de profesionais para que sexan quen de xestionar recursos e crear cousas novas no mundo da música, ó nivel que se está facendo noutras universidades punteira. Nesta nova titulación, a Universidade Compostelá incluirá contidos de caracter artístico, estético, sonoro, loxístico, de xestión, producción e comercialización da industria musical actual.O obxectivo final non é outro que crear novos profesionais perfectamente preparados teoricamente e listos para comezar a traballar nesta outra faceta que ten tamén a música; o que podería ser unha nova oportunidade de traballo ou negocio para xente que quere vivir da música dun ou doutro xeito. O prazo de preinscricion neste master remata o 31 de agosto.Máis información na páxina web da USC.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/04/master.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/04/master_musical_martin_codax.mp4{/flowplayer}