A CIG apoia o Plan de viabilidade da conserveira Guau

    CONSERVAS_GUAUcopy.jpgCAMBADOS> Para iso, solicítanlle á Xunta que colabora coa empresa e lles conceda ó crédito de 900.000 euros que solicitaron ó IGAPE.

    {flowplayer}images/salnes/CIG_GUAU.flv{/flowplayer}

    Tralos problemas de xestión que se rexistraron na empresa Conservas e Elaborados Guau S.L. no ano 2009, en outubro deste ano fíxose unha ampliación de novos socios no que a empresa Delmar Creek se fixo co 51% das accións da fábrica. Ademais, con opción de compra a catro anos do resto das accións. Co novo administrados á fronte, Guillerme Blanco, fai un mes lle presentaron á CIG un plan de viabilidade. Rosa Abuín manifestou esta mañá o seu apoio a este proxecto co cal se evitaría o peche da conserveira e se incrementaría a plantilla en corenta postos de traballo.

    Ademais, asinaron un contrato con Apikale por unha duración de catro anos. Este consiste no subministro de oitenta toneladas de lombos de peixe ó ano o que suporía uns ingresos de catrocentos mil euros ó mes. Para que todo isto saia adiante solicitaron unha crédito ó IGAPE de novecentos mil euros para a compra de nova maquinaria.

    Por iso, piden a colaboración da Xunta de Galicia. De non sair adiante este proxecto, lamentan que o máis seguro é que desapareza á conseveira. Na reunión que mantiveron esta tarde membros da CIG co alcalde de Cambados, localidade na que está instalada a empresa, pedíronlle a súa mediación para concertar unha reunión co Conselleiro de Industria.

    Redacción Salnés