O BNG presenta a lista completa para as vindeiras municipais

    candidatura_bng_vilagarciacopy.jpgVILAGARCÍA> Presentaron, ademais, unha iniciativa, que irá a pleno, para que se declare o municipio territorio non nuclear.

    {flowplayer}images/salnes/LISTA_BNG_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Onte o BNG de Vilagarcía aprobou, por unanimidade en asemblea local, a súa candidatura de cara ós comicios do 22 de maio. Hoxe coñecemos os últimos postos desta lista xa que os dez primeiros xa estaban confirmados desde o mes de xaneiro.

    Os tres números seguintes serán ocupados o once por Remedios Padín, o doce por Xoán Xosé Lois e Viqui García irá no trece. Xa no dezasete está Ortensia Rodríguez seguido de Carlos Güimil e Germán Torres.

    Unha segunda parte da candidatura que tenta ó igual que a primeira responder a un criterio de equilibrio paritario e representativo de tódalas parroquias. Rosa Abuín ocupará un posto simbólico pechando, así, a lista co número 21.

    Castro Ratón engadiu que veñen de presentar unha iniciativa no concello que consiste en declarar o municipio coma territorio non nuclear. Isto implicará que nunca se poderá construir nin unha central nuclear nin un cemiterio neste concello.

    O acto de presentación da candidatura será o vindeiro 1 de abril na Sala de Conferencias do Auditorio Municipal ás oito e media da tarde.

    Redacción Salnés