![]()
SALNÉS> Asistiron representantes dos mariscadores, mexilloneiros, e outros oficios que dependen da ría.
{flowplayer}images/salnes/GRUPO_ACCION_AROUSA.flv{/flowplayer}
Apoiar proxectos que fomenten o desenvolvemento sostible social, económico e ambiental da Ría, son os obxectivos que resumen as iniciativas do GAC da Ría de Arousa. O organismo presentou hoxe ante varios representantes do sector pesqueiro a nova convocatoria de proxectos para o vindeiro ano 2011, os contidos do Plan Estratéxico Zonal e os obxectivos do grupo, ofrecendo ademais varias liñas de axuda.
Dependente do Fondo Europeo de Pesca, o GAC leva só un ano de andadura. A pesares desta xuventude, a valoración que realizan da campaña pasada é moi positiva, xa que contaron coa participación das diferentes agrupacións que traballan e dependen da ría de Arousa.
A pesares de que os obxectivos plantexados por esta organización buscan manterse e conseguir melloras a longo prazo, a Comisión Europea fixou a vida do GAC ata o 2013. Sen embargo dende o organismo aseguran que existen plans da Comisión para mantelos e planificalos ata o 2020.
Redacción Salnés






