A xunta convoca a todas as partes implicadas para desbloquear a situación de Theanaisie Provoté

O GROVE> A xunta convocará unha reunión con todas as partes implicadas para desbloquear a situación de Theanaisie Provoté. Tanto os comités de empresa e de traballadores como a corporación municipal apoian a oferta do empresario galego Alfonso Caneiro. O industrial vigués comprométese a manter todos os postos de traballo.

O futuro da empresa Theanaisie Provoté e dos seus traballadores pende dun fío. A compañía atópase en concurso de acredores e os máis de 100 postos de traballo corren perigo. As organizacións sindicais levan tempo movéndose para atopar unha solución e segundo indican todo pasa por que os propietarios acepten a oferta do empresario galego Alfonso Caneiro. O comité de empresa reuniuse co conselleiro de economía e facenda para trasladarlle a súa preocupación. Agora a xunta convoca a todas as parte implicadas a unha reunión para desbloquear a situación.

O propio empresario reuniuse onte no Grove cos membros da corporación municipal e cos traballadores para explicar a súa oferta.

O empresario comprométese a manter os postos de traballo, xa que asegura, son o maior activo da empresa.

O industrial vigués tamén quere obter a compañía para completar a integración vertical da súa empresa. Xa que o empresario posúe tanto frota propia como canles de venta.

Todo a corporación municipal mostrou o seu apoio ao empresario vigués. Pola súa parte Alfonso Caneiro e o seu avogado Juan Adrio advertiron que o tempo corre na contra da súa oferta, xa que canto máis tempo pase en peor estado estará a empresa e será máis difícil reflotar a súa situación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí