Adeus ao antigo edificio da subestación eléctrica de Vilalonga

SANXENXO> O vello edificio da subestación eléctrica de Vilalonga vai pasar á historia: vai ser demolido. O goberno local de Sanxenxo e a antiga Fenosa chegaron a un principio de acordo. A eléctrica vai cede-lo terreo e o concello encargarase de derruba-la construción. No seu lugar, crearase un espazo público no que se vai incluír unha nova parada de bus.

Trátase dunha vella reivindicación dos veciños da zona que, despois de moitos anos, será realidade. Este vello edificio da subestación eléctrica de Vilalonga vai ser derrubado. O Concello de Sanxenxo e a empresa eléctrica chegaron por fin a un acordo.

Entre os plans do concello está instalar unha parada de autobús neste novo espazo que se gaña para o público. A demolición prevese a partir do mes de agosto.

Este pode considerarse un primeiro paso no proxecto de soterramento ou mesmo supresión desta subestación eléctrica. Unha opción que está enriba da mesa dende hai moitos anos e que os técnicos xa están a estudar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí