Os socialistas denuncian a paralización das actuacións da Xunta

    parlamentarios_psoe_copia100.jpgVILAGARCÍA> O grupo parlamentario socialista de Galicia reuniuse coa alcaldesa de Vilagarcía en Ravella, para coñecer de primeira man as necesidades da localidade.

    {flowplayer}images/salnes/PARLAMENTARIOS_PSOE.flv{/flowplayer}

    A rexedora vilagarciá reuniuse con Pose e Leiceaga, amén de outros parlamentarios socialistas. Durante o encontro, Dolores García expuxo as inquedanzas do municipio respecto coa Xunta de Galicia en determinadas áreas. Do mesmo xeito, a alcaldesa explicou os proxectos que se están a realizar nestes 3 anos de goberno municipal.

    Modesto Pose, asegurou que porán en marcha para recordarlle á Xunta as necesidades de Vilagarcía e que, engade, están esquecidas. Entre elas, o Centro de Saúde, tan demandado polos cidadáns e sen resposta por parte da Consellería de Pilar Farjas.

    O portavoz socialista no parlamento, asegurou que co PP na Xunta os municipios do PSOE ou do bipartito, están a sufrir unha parálise no seu desenvolvemento. Xoaquín Fernández Leiceaga, recordou o freo posto á segunda fase do Polígono Industrial do Pousadoiro, da lonxa de Carril e as obras do río do Con.

    O grupo parlamentario socialista comprometeuse a levar a cabo iniciativas parlamentarias en Santiago para desbloquear todas as actuacións.

    Redacción Salnés