O POL pon en perigo o PXOM de O Grove

    cacabelos copia100.jpgO GROVE> O triparto compareceu públicamente esta mañá para explicar como afecta ó Plan do Litoral no municipio.

    {flowplayer}images/salnes/PolGrove.flv{/flowplayer}

    Cacabelos saíu da reunión co Director Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe, Manuel Boroibo bastante insatisfeito xa que a conclusión final á que chegou o goberno meco é que o Plan do Ordenación do Litoral da Xunta de Galicia non fará senón atascar aínda máis o desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación territorial para o Grove.

    O PXOM é un proxecto que o tripartito leva tratando de materializar dende a súa chegada ó concello. Un PXOM que aínda que quixo aproveitar os elementos que puideran do que levara a cabo o PP, no fondo é radicalmente distinto aquel.

    Co novo equipo redactor o concello de Grove pretende crear un PXOM real, que poida ser aprobado pola Xunta pero a día de hoxe o feito de que o POL considere unha ampla superficie de terreo do Grove como de interese e protección de Medio Ambiente e Paisaxe volve a plantexar problemas. Se ben é certo que isto non impide a ordenación urbanística nesas zonas, supedítaas a un informe da Xunta, deixando en mans da interpretación desta a ordenación urbanística da municipio. E facendo perigar o único elemento no que había acordo entre os partidos.

     A ollos do tripartito estas zonas deberían quedar como zonas pendentes de ordenación, un matiz que cambiaría moito a súa percepción.

    Redacción Salnés