‘A nova lei de comercio esixe unha licenza de Industria’

    marcos copia100.jpgSALNÉS> Así falou Marcos González, presidente do Consorcio de Comerciantes do Salnés, tras unha conversa co conselleiro.

    {flowplayer}images/salnes/CENTRO_COMERCIAL.flv{/flowplayer}

    Despois de que onte o alcalde de Vilanova anunciara a aprobación da modificación urbanística dos terreos para a creación da área comercial, esta tarde o presidente do consorcio do Comercio do Salnés saíu ó paso reiterando a súa oposición á construción desta superficie. Tamén informou que esta mañá mantivo unha conversa co conselleiro de industria na que lle comentaba que non é lóxico a creación de máis áreas comerciais en Galicia. Ademais, asegurou que segundo a nova lei de comercio, cando a superficie supera os 2500 metros cadrados, o concello precisa dunha licenza da consellería de industria.

    Marcos César González engadiu que nesa conversa o conselleiro lle dixo que debido á situación económica non ían dar licencias a grandes superficies.

    Pola súa parte, o Conselleiro de Industria, Javier Guerra, achegaba a postura da Xunta no programa desta casa Pleno Aberto. Remitiuse a dicir que se o papel da Dirección Xeral de Comercio é facer cumprir a nova lei de comercio que se aprobou o pasado mércores.

    Esta tarde ademais o presidente do consorcio reuniuse cos responsables das asociacións de comerciantes do Salnés para tratar o tema e informalos do que deu de si a conversa que mantivo esta mañá co Conselleiro de Industria.

    Redacción Salnés