Insultos, acusacións e intentos de agresión marcaron o pleno de Vilanova

    plenoterron_psoebngescola_100_110507__still_001.jpgVILANOVA > O proxecto do Terrón segue sen adaptarse ás condicións marcadas por Política Territorial.

    A intención do alcalde ó convocar este pleno era buscar unha forma de pedi-lo reinicio inmediato das obras, pero unha chamada esa mesma mañá da delegada de Política Territorial cambiou as cousas e todo quedou á expectativa do que pasara esta mañá. E o que pasou é que o proxecto seguía contando coas gradas que, segundo o alcalde, xa sacaran hai semanas. Así o aseguraba onte para culpar a Política Territorial de tentar retrasa-lo proxecto.

    plenoterron_evaristo_200_110507__still_002.jpgO candidato socialista tivo serias dificultades para explicar que nunca tiveron nada que ver no retraso das obras e que foi a ineptitude e as mentiras do goberno local as que impediron que o campo estea feito. Tamén acusou ó alcalde de pedir antonte, 9 de maio, unha cita coa delegada que se acordou no pleno do 24 de abril. Membros da Escola de Fútbol e do Vilanova Atlético arremeteron durante toda a sesión contra o voceiro socialista e incluso contra o BNG, que tentaba explicar que nunca se opuxo ó campo do Terrón. Sen embargo unha acusación falsa contra a súa voceira provocou un dos momentos máis tensos do pleno.

    Finalmente o pleno rematou cos ánimos moi crispados, algún intento de agresión e choros polas acusacións recibidas. Pero o certo é que o proxecto non estaba como decía o goberno local e así o demostraron hoxe os técnicos na delegación de Política Territorial. O alcalde asegurou que se trataba dun erro que subsanaría esta mesma fin de semana e o luns enviaría o documento correxido. Pola súa banda a delegada asegurou que, de ser así, a finais da vindeira semana as obras estarán de novo en marcha.

    Contrastes

    plenoterron_grodrigoopoli_200_110507__still_001.jpgO alcalde de Vilanova non fixo referencia na súa nota sobre o acontecido esta mañá ós problemas que presentaba o campo e limitouse a criticar a actitude do candidato socialista durante a xuntanza coa delegada. Unha actitude que, ó parecer, foi a causante de que se negase a acudir ó programa de debate que organiza esta casa.

    O Contrastes de hoxe reunía ós candidatos de Vilanova pero o actual alcalde desmarcouse alegando, a través dun comunicado, a situación de crispación que vive a vila. segundo Durán, un grupo de militantes do psoe adicouse a insultar a concelleiros do grupo de goberno e ás súas familias desencadeando un conflito que fixo necesaria a intervención das forzas da orde pública.

    E mentres Rodrigo Santiago non pida desculpas públicas, ningún membro da candidatura popular se sentará a debater nada con el, polo que finalmente foron dous os convidados deste Contrastes.

    Redacción Salnés