Arranca a exaltación da centola co concurso de exemplares

    O GROVE> O macho gañador pesou 4,3 quilos mentres que a femia quedouse nos 2,4.

    {flowplayer}images/salnes/ConcursoCentola_221112.flv{/flowplayer} 

    Luis Devesa Meis, a bordo do barco Edi, foi o vencedor coa mellor femia, de 2.400gramos mentres que o macho máis pesado capturouno o Ariño, de José Domínguez Caneda, con 4.300.

    Estes son os vencedores do Concurso da Centola Viva 2012, que recibirán por elo unha insignia de prata, un diploma e 150 euros. Bos exemplares tanto polo seu peso como pola súa calidade.

    Ata o de agora as pezas vencedoras eran donadas ó Aquarium, onde podían ser visitadas. A novidade do concurso deste ano radica en que as centolas gañadoras serán subastadas.

    Se ben a Festa do Marisco ten unha repercusión moito maior que estas xornadas, dende o concello agardan que a centola sexa durante estes días un reclamo para os turistas.

    En termos xerais, o prezo da centola continúa moi por debaixo do que se pagaba por ela en anos anteriores. Con todo, confíase en que haxa un repunte nas festas de Nadal que lle dé un respiro a mariñeiros e mariscadores.

    Redacción Salnés