O Junquera quédase ás portas dunha remontada épica

VILAGARCÍA> Esta xornada medíanse os dous mellores equipos da Primeira Nacional B. O Grupo Junquera, segundo na xeral, recibía ó líder Mosteiro Bembrive. Un partido no que houbo de todo: emoción,13 goles, polémica arbitral e incidentes cos afeccionados. O máis importante, que os tres puntos escaparon de Fontecarmoa.

{flowplayer}images/salnes/ResumoJunquera.flv{/flowplayer} 

O encontro vivíu unha primeira metade igulada e intensa, no que o Junquera dominou e tivo as ocasións e o Mosteiro Bembrive adicouse a defender en campo propio e saír ás contras. Ós visitantes funcionoulles ese plantexamento xa que se foron 1-2 ó descanso. O gol dos locais fora obra de Isaac.

Pero o verdadeiramente interesante do partido chegou no segundo tempo. Os locais comezaron algo durmidos e iso aproveitouno o Mosteiro para facer dous goles e poñerse 1-4. Foron momentos de nervos, onde o Junquera en apenas cinco minutos perdeu a dous xogadores por expulsión, a Angel e Gelabert en dúas accións moi protestadas polo graderío, xa que nunha acción similar un xogador visitante tan só vira o amarelo. Nesas protestas tamén víu o vermello o adestrador Rodrigo Feijóo.

Lonxe de renderse o Junquera tirou de casta e Chini colocou o 2-4 no marcador, aínda que pouco despois os visitantes farían o quinto e o sexto.

Con oito minutos por diante chegou a remontada. Primeiro foi Isaac o que faría o terceiro. Logo o capitán Fran colocaba o 4-6 no electrónico e a falta de cinco minutos Jaime de dobre penalti faría o quinto.

Ese 5-6 veu precedido por un parón no partido de 20 minutos, propiciado pola agresión dun afeccionado local ó delegado do conxunto visitante. Incluso outro siareiro saltou ó campo coa intención de falar ou recriminarlle algo ós colexiados. Dubidouse se continuar co encontro pero grazas á boa predisposición tanto de xogadores locais coma visitantes disputáronse os derradeiros cinco minutos, nos que o Bembrive volveu cobrar unha vantaxe de dous goles xusto antes de que Chini colocase o 6-7 final, a 48 segundos do remate.

Intentouno o Junquera neste tempo restante pero foilles imposible empatar o encontro. Agora quédanse a cinco puntos do líder, que sigue sendo o Mosteiro Bembrive.

Redacción Salnés