Cambados acolle a Gala dos premios da FGPD

 CAMBADOS> A Gala de entrega de premios Galicia de Xornalismo deportivo sae por primeira vez da provincia da Coruña e desta volta escolle como localización Cambados.

{flowplayer}images/salnes/ptac_premios_deporte_cambados.flv{/flowplayer}

 A vila do Albariño comeza así con este acto, que terá lugar na noite do luns no Auditorio da Xuventude, un ano onde o ciclismo cobrará de novo un marcado protagonismo. Antes da gala, e para tódolos públicos, o salón José Peñá acollerá a partir das seis da tarde unha charla-coloquio sobre ciclismo.

Na mesa redonda da tarde estará Gustavo César Veloso no canto do tamén ciclista Óscar Pereiro. Xunto a el debaterán o xornalista Francico Chico Pérez, o director deportivo Alvaro Pino e Carlos de Andrés, actual director de Teledeporte e locutor da grandes probas ciclistas de Televisión Española.

Pouco máis tarde, na Gala da noite, haberá un espazo para o recoñecemento a unha das figuras destacada na divulgación do ciclismo nos últimos anos. Esta oitava edición dos premios da GPD estará amenizada pola voz de María do Ceo.

Redacción Salnés