A Epic Race chega, na súa segunda edición, con 550 km e 160 incricións

Pontevedra> Carmela Silva tamén presentou nesta xornada a segunda edición da Epic Race, unha cita que terá lugar os días 5,6 e 7 de abril. Tal e como dixo esta mañá o director desta proba, a Epic Race contará con datos esclofriantes, 550 quilómetros, 14 mil metros de subida, 8 etapas e bici de día e de noite. Unha cita que contará con 160 inscricións, o dobre do ano pasado.

Os días 5,6 e 7 de abril os conellos de Pontevedra, Moraña, Vila de Cruces, Forcarei, Redondela, A Lama e Valença, acollerán a segunda edición da EPIC RACE. Unha proba que tal e como dixo esta mañá a presidenta da Deputación, converterá a Pontevedra no gran evento nacional da bicicleta.

O director desta proba describiuna da seguinte maneira.

Unha proba que nesta segunda edición contará con datos escalofriantes.

Unha segunda edición que conta con 160 inscritos, o dobre da do ano pasado, as persoas participantes enfróntanse a un percorrido de 8 etapas pola provincia, ao longo do día e da noite, desafiando os montes e gozando das paisaxes máis fermosas das Rías Baixas. Todo elo cun límite de 51 horas no que terán que completar os 550 quilómetros que compoñen a proba, cabe dicir que hai unha opción reducida (entre aspas) de 280 quilómetros e 7500 metros de desnivel acumulado.