VIGO> Esta mañá presentouse a 47º edición da Regata Rías Baixas Martín Códax. É unha das citas máis importantes do Calendario, na que van participar máis de 110 barcos.
{flowplayer}images/salnes/REGATA_MARTIN_CODAX.flv{/flowplayer}
O Corte Inglés de Vigo acolleu a presentación da regata por etapas decana de España, que cumpre o seu corenta e sete aniversario. Novamente, é a cita máis importante do Calendario Español e contará cunha participación moi alta de gran calidade. A falta de varios días para que comece a serie, hai inscritos 110 barcos, cun millar de tripulantes a bordo, procedentes de toda España e Portugal.
A Regata consta de 5 etapas que se desenvolverán entre os portos de Vigo, Combarro, a gran novidade desta edición, A Pobra, O Grove e Sanxenxo. Estará aberta exclusivamente a cruceiros ORC, divididos en catro categorías: regata, regata-cruceiros, cruceiros-regata e cruceiro extra. Os participantes recoñecen que crea moita ilusión e sempre desexan que chegue a data.
Os comodoros deste ano, van ser o ferrolán Nano Nieto e o vigués Manolo Posada.
O venres día 13 á unha e media da tarde, comeza a regata cunha apasionante etapa Vigo-Combarro de 20 millas.
Redacción Salnés