SALNÉS> Estes días non tiveron compromisos ligueiros no tenis de mesa nin Liceo Casino nin Establecimientos Otero. Pero sí que se disputou en Guadalajara o Torneo Estatal, onde o xogador do Cambados Adrián Vidal, impúxose en categoría senior.
Día a día demostra a súa melloría e resultados como este fan de Adrián Vidal un dos xogadores máis a ter en conta tanto no presente como no futuro. O xogador do Cambados Tenis de Mesa realizou en Guadalajara un torneo para enmarcar, superando a tódolos seus rivais con autoridade e vencendo sen necesidade nunca de marcharse ó quinto set. No partido polo título dobregou a José Antonio Montalbán, do Cartagena, por 3-1.
Na categoría femenina a victoria final foi para a xogadora do Arteal de Santiago María Teresa Nine.
Ademais, do Cambados desprazábanse varios xovenes xogadores para disputar este Estatal de Guadalajara, se ben ningún deles tivo demasiada sorte. Mariña Chaves perdeu na primeira eliminatoria en benxamín femenino. En alevín, Paula Padín e Nuria Regueiro foron eliminadas na fase de grupos mentres que Andrea Chaves avanzou unha rolda máis pero tamén perdeu no primeiro partido da segunda fase.
Tampouco estivo ó seu nivel habitual Martín Regueiro. O xogador en categoría infantil do Cambados, perdeu catro dos cinco partidos na fase de grupos.
Ademais de Adrián Vidal, outro dos destacados foi o xuvenil do Ribadumia Marcos Sanmartín, que quedouse a un paso de acadar os cuartos final en categoría xuvenil logo de perder en octavos ante o madrileño Borja Sánchez por 3 sets a 2.
Redacción Salnés