O Consorcio pide a Durán que mire polo pequeno comercio da comarca

    CONSORCIO_COMERCIOcopy.jpgVILANOVA> O Presidente da entidade aclarou que tódalas súas declaracións son previamente acordadas cos comerciantes.

    {flowplayer}images/salnes/CONSORCIO_COMERCIO_CENTRO_COMERCIAL.flv{/flowplayer}

    Esta mañá, o presidente do consorcio do comercio do Salnés xunto ósresponsables das asociacións de comerciantes da comarca compareceron ante os medios de comunicación para reiterar a súa oposición á construción ó centro comercial de Vilanova. Ademais, fixeron un repaso a tódalas actuacións e reunións que levaron a cabo para tratar de impedir a creación da superficie. Marcos González tamén respondeu ás declaracións vertidas polo Gonzalo Durán nas que aseguraba que aquel non facía máis que mentir e que tiña que dimitir.

    Ademais, aclarou que tódalas súas declaracións son previamente acordadas coas asociacións de comerciantes. Precisamente nunha das reunións que mantiveron coa directora xeral de comercio esta aseguroulles que os trámites se prolongarían durante meses.

    Ante esta situación, pídenlle ó alcalde que mire polo pequeno comercio da comarca e que non pense nos postos de traballo que se van crear senón naqueles que se van a destruír coma consecuencia da creación do centro comercial.

    Por último, lembraron que o sector terciario xera o corenta por cento do emprego do Salnés.

    Redacción Salnés